|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

NON PUIDO SER!!!

Júnior Masculino 2ª
28 Maio 2019
NON PUIDO SER!!!
NON PUIDO SER!!! NON PUIDO SER!!! NON PUIDO SER!!!

CB ARTEIXO DUACODE 48 - 60 SANTO DOMINGO BETANZOS

8-15, 20-16, 7-13, 13-16

Non puido ser!!! A pesares de que os xogadores deixaron todo o que tiñan na pista, o equipo de Code foi moito equipo para nós. Aínda así, é para estar moi orgullosos do traballo do equipo. Non pararon de traballar en todo o partido.

O partido empezou cos de Betanzos moito máis asentados na pista, sabendo aproveitar as vantaxes que tiñan e dominando o rebote nas dúas canastras. Nós íamos sempre por detrás. Entre os nervios e as dificultades que nos ían poñendo, non puidemos xogar cómodos neste primeiro cuarto. Ademáis, as faltas xa nos empezaban a lastrar.

Pero no segundo cuarto empezamos a xogar con máis orden e pouco a pouco imos remontando ata poñernos por diante. O rebote xa non é tan doado para os visitantes (aínda que seguen a coller moitos no noso aro), a defensa mellora un tanto e, sobre todo, o ataque xa é máis productivo. Chegamos á metade do partido só 3 puntos abaixo, pero moi cansos e con moitos problemas de faltas que dificultan a escasa rotación que temos.

O terceiro cuarto, non vai mal. Os de Code voltan a poñerse por diante, pero as distancias non son excesivas, o que nos vai dando ánimos para seguir pelexando. Pero, eso sí, cústanos moito traballo poder aguantar o ritmo alto do partido o que provoca que cometamos algún erro de máis.

E así, con 9 puntos abaixo, arrancamos o último período. Cambio defensivo para protexernos das faltas que, no principio, sae bastante ben. Recortamos un pouco a anotación contraria, pero nós nos somos quén de anotar. As defensas vanse facendo máis fortes e duras e as faltas vanse sucedendo e provocando eliminacións de xogadores polas dúas bandas con moitos tiros libres para os dous equipos. sobre todo nos últimos dous minutos nos que imos a presionar para intentar provocar erros e recuperar balóns. Non nos sae ben porque os betanceiros anotan os tiros libres e nos perdemos un par de balóns e non acertamos cos tiros e non podemos rebaixar a distancia.

En fin, un bo partido de baloncesto con dous bos equipos que gañou merecidamente o equipo que dominou a maior parte do encontro. O que non quita nada de mérito, senon que aínda lle da máis, ao partido que fixeron os nosos xogadores, cheo de esforzo por parte de todos.

Agora só queda rematar os adestamentos desta tempada e descansar no verán para voltar a tempada que ven con máis gañas para seguir mellorando de cara a tempada que ven que se presenta con moi boas espectativas.

PARABÉNS PARA O GAÑADOR E TAMÉN PARA O NOSO EQUIPO!!!!!

E non podía faltar, a mención e o agradecimento a todos os que estiveron no Pazo animando sen parar ao equipo durante todo o partido. ASÍ DA GUSTO XOGAR!!!!! e fainos traballar máis aínda para devolverlles o esforzo que fan por vir ao Pazo a animarnos... MOITAS GRAZAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO!!!!

Xogaron IAGO, ZEUS, GONZALO, RAÚL, SIMÓN ENZO e SAMUEL.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.