MECO-RAFONCA PORTAS E AUTOMATÍSMOS 97 - 64 CB ARTEIXO DUACODE (32-14, 26-15, 24-12, 15-23)
Os do CB Arteixo Duacode viaxaban as Rías Baixas co equipo case o completo e con toda a ilusión de acadar a primeira victoria da tempada, pero nada máis lonxe da realidade, un primeiro cuarto absolutamente lamentable por parte dos xogadores de Arteixo fixo que o encontro rematara case que antes de empezar. Incapaces de defender no 1x1, incapaces de facer o balanzo defensivo, incapaces de realizar algunha axuda con xeito e incapaces de dar máis de dous pases no ataque. Encaixaron 32 puntos no primeiro acto, contra un bo equipo que demostrou moita intensidade en todas as facetas do xogo.
A partires de aquí pouco máis que contar, o único que no descanso planeaba a sombra de levar para casa unha malleira histórica, pero polo menos os arteixáns demostraron un pouco de coraxe, e ainda sen facer un bo xogo conseguiron que as diferenzas non se foran a distancias máis doorosas.
Tan so queda reflesionar, traballar e cambiar algunhas cousas para darlle a volta a unha situación que non é nada cómoda.
Quen sabe se este finde comezará o despegue definitivo do CB Arteixo Duacode no encontro contra O Barco...
Xogaron e anotaron polo CB Arteixo Duacode: Nacho P 3, Antelo 5, Conchado 5, Cochón 12, Jesús 14, Rober 1, Ocampos 8, Andrés 13, Hugo Val 3 e Simón.