O CB Arteixo Duocode benxamín disputou esta fin de semana o cuarto partido da tempada contra o Basquet Coruña U9. O encontro saldouse cunha nova derrota para o noso equipo.
O partido comezou cun intercambioo de xogadas moi rápidas por parte dos dous equipos, no que os coruñeses anotaban con facilidade mentras que os arteixáns, a pesar de ter bos tiros, non foron capaces de respostar.
A medida que avanzaba o encontro, o bo facer dos xogadores de Basquet Coruña, apoiados nunha gran defensa, lograban poñer distancia no marcador. Sen embargo, os nosos xogadores non deixaban de intentalo e deixaban moitos detalles de todo o traballado durante a tempada.
Pouco a pouco seguimos avanzando na boa dirección.
CB Arteixo Duocado 13-64 Basquet Coruña U9