|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

MOITO ESFORZO POUCA CONCENTRACIÓN

30 Outubro 2018
MOITO ESFORZO POUCA CONCENTRACIÓN

CB ARTEIXO DUACODE 59 - CB SAN CIBRAO RIO ORENSE TERMAL GRIS 68 (13-15, 19-18, 20-22, 7-13)

Demasiados altos e baixos os amosados polos arteixáns no segundo encontro da segunda división senior autonómica.

O equipo de Iván García non da atopado o seu xogo, ese e o resumo final, xa que non son quen de atopar boas situacións de xogo, e cando as atopan o acerto tampouco está a ser o esperado con xogadores acostumados a anotar con facilidade.

O encontro foi moi igualado, con unha intensidade moi alta por parte dos dous conxuntos, sobre todo na defensa.

Os da mariña ameazaron en varias ocasións con marchar no marcador, estando os arteixáns máis preocupados por protestar os colexiados do encontro que a o partido en si. E nesas foi transcurrindo a contenda, con uns ameazando rachar o marcador e outros pendentes do que non tiñan que estar, en canto voltaba a concentración o encontro igualábase de novo. Pero nunha destas, rematando o encontro, os locáis xa non voltaron máis, os de San Cibrao marcharon de 6 puntos e os do CB Arteixo Duacode pendentes da arbitraxe deixaron de atender as súas obrigas baloncestísticas e os visitantes o aprobeitaron para sentenciar definitivamente o partido ante tantos agasallos dos locáis.

Queda moito traballo por facer ata ser un conxunto consistente en defensa e solidario no ataque no que o balón circule con criterio.

Destacar que debutaban na categoría 2 xogadores junior do club: Iago e Simón. Noraboa e a seguir traballando.

O bo é que isto acaba de comezar!!

 

Xogaron e anotaron: Cochón 19, Conchado 17, Jesús 7, Ocampos 2, Nacho P. 5, Andrés 5, Antelo 2, Escariz 2, Nacho A., Iago, Simón e Hugo Val.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.