Como ben sabedes o CB Arteixo Duacode foi invitado a participar nun torneo no concello de Porto do Son. Os benxamíns cunha representación de 8 xogadores (dous deles debutantes) partiron cara terras atlánticas na mañán do sábado. Tiñamos que xogar nada máis e nada menos que 5 partidos repartidos na xonada de mañá e tarde. Os encontros serían contra Meco A, Meco B, CBPS Pillados, Xiria Carcballo e Compañía de María de Santiago. Os resultados? Iso foi o mellor!! Non había marcador!! Xogar o baloncesto por xogar, coma debe ser a estas idades.
No medio un bocata para reponer forzas e a súa peciña de froita, e una serie de xogos populares que fixeron que os nosos pequenos, e os non tan pequenos case se olvidaran de que ían a xogar ó baloncesto, unh auténtica maravilla os xogos que nos ensinaron no campo de fútbol da parte alta das instalación!!
Para rematar entrega de camisetas e todos de volta a casa
O día seguinte para algúns que repetían tocaba madrugar de novo para voltar a xogar 5 encontros no caso do alevín masculino e 3 as do alevín feminino. Foi outra xornada inesquecible, aínda que un pouco empañada pola choiva que fixo acto de presenza ó longo da mañá. En calquera caso a organización do evento estivo moi rápida para reorganizar as pistas e que todo seguira polos caucesnormales. A mágoa foi que non se pudo celebrar o all star, que tiña pinta de estar ben bonito!!
Tan so dar as grazas a todos os rapaces e rapazas que participaron da actividade polo seu comportamento, e como non á organización do torneo polo trato dispensado!!
Para o ano voltamos!!