CB ARTEIXO DUACODE 44 - 65 MARISTAS CORUÑA
9-16, 11-18, 14-18, 10-18
Empezou a segunda fase da liga e non empezou ben para equipo, pouca concentración e moi mala defensa foron as chaves dunha derrota clara.
O parido comezaba con igualdade, pero a partires do empate a 7, os colexiais dominaron o ritmo do xogo. Moi activos no ataque, cada vez sobrepasaban a defensa moi pasiva dos nosos para anotar con facilidade debaixo do aro ou con triplas completamente sós.
Pouco a pouco a distancia ía en aumento diante da impotencia do equipo que ía vendo como os visitantes anotaban aínda con cambios de defensa.
En fin, partido para esquecer canto antes á espera de que os lesionados se incorporen ao equipo para ver se somos quen de mellorar tanto nos adestramentos como nos partidos.
Xogaron Abdel, Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl e Enzo. Seguen de baixa por lesión Simón e Samuel.