Senior: Santo Domingo Betanzos 83-89 CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 01/12/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 40-70 ADFRO · 30/11/2019 16:00 Pazo dos Deoortes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 38-41 KFC Culleredo · 30/11/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Trebóns BC Esclavas 67-51 CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 30/11/2019 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Cadete: Esclavas 45-56 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 01/12/2019 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div 81-31 Maristas Champagnat · 30/11/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar B 11-62 CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 01/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div 24-74 BV Asesores Los Rosales · 01/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña Leyma U11 61-11 CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 30/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo || Alevín: Calasanz 47-30 CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 30/11/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: KFC Culleredo Amarillo 41-50 CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 30/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

Moi bo comezo

Infantil M 2 2ª Div
30 Outubro 2019
Moi bo comezo

BASQUET CORUÑA U14 51-53 CB ARTEIXO DUACODE 2

8-9, 13-12, 12-5, 6-13, 7-7, 2-2, 3-5

Empezaba a competición para o equipo con, en principio, un duro rival. E vaia se foi duro, ata tres prórrogas fixeron falta para decidir o partido.

Na primeira parte a igualdade foi máxima. Moita actividade e intensidade nas defensas con presións a toda pista e ataques rápidos en situacións de 1x1. As distancias no marcador son mínimas, e ao descanso igualdade no marcador, 21-21.

Na segunda parte os locais dan un arreón, e poñen distancia no marcador. Os nosos xogadores seguen a traballar ben nos dous lados da pista, pero cóstalles anotar. Ademáis, empezamos a ter problemas coas faltas.

Entramos no último cuarto sete puntos abaixo, que parecen moitos, pero os xogadores non se renden e seguen a pelexar cada balón. Isto fai que pouco a pouco a distancia se vaia recortando ata chegar a empatar o partido.

E empezan as prórrogas. Na primeira os equipos seguen a xogar rápido e con acerto. Chegamos a ter a última posesión, que xogamos moi ben a temos dous tiros libres para gañar, pero non somos quén de anotalos. Novo empate e nova prórroga.

Nesta segunda prórroga, os dous equipos xogan un pouco máis atenazados e cansados, e o medo a perder aparece eo acerto de cara ao aro baixa. Outro empate e outra prórroga.

Nesta última prórroga, parece que todo se pon en contra do equipo. Os locais póñense por diante e parece xa todo definitivo, súmase a isto que nos quedamos case sen xogadores polas faltas e, se isto non fora pouco, un golpe deixa a Raúl sangrando e ten que abandoar a pista momentáneamente deixando ai equipo con só catro xogadores na pista a falta de menos de dous minutos, pero volta rápidamente para xogar o último minuto. Os xogadores non deixan de pelexar e de intentar gañar e o gran traballo realizado da o seu froito, remontando e gañando o partido.

En resumo, moi bo e emocionante partido dos dous equipos e moi bo traballo dos nosos xogadores que non deixaron de pelexar durante todo o tempo.

Xogaron Baldo, Iker, Miguel, Juan, Raúl, Aharón, Mateo, Hugo e Anxo. Non puido xogar Mario.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.