|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

MELLORANDO EN DEFENSA

Alevín Masculino
18 Marzo 2019
MELLORANDO EN DEFENSA

 

CB ARTEIXO DUACODE 64 - 19 PEÑARREDONDA

Sábado 16 de marzo de 2019, 12.30, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Álex Rama, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Brais Queijas, Diego Pedreira, Yago Prados, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 15-2, 23-10, 31-10 (descanso), 43-15, 50-19, 64-19

Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo


Os arteixáns comezaban moi enchufados no encontro e exhibían uns primeiros minutos de gran baloncesto. Sen embargo, conforme avanzaba o encontro os nosos xogaban cada vez con menos claridade, unha circunstancia que solventaban mostrándose sólidos no apartado defensivo (31-10 descanso).

Na segunda metade un rival atrevido tentaba novas estratexias. Os arteixáns respondían con imprecisións e o xogo resentíase cada vez máis. Pero desta volta os arteixáns amosaban unha mentalidade máis colectiva para superar algúns destes momentos e chegaban a pecha-lo partido de novo con boas sensacións (64-19 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.