Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

MELLOR QUE NA PRIMEIRA VOLTA

Infantil Feminino 2ª
5 Febreiro 2019
MELLOR QUE NA PRIMEIRA VOLTA
MELLOR QUE NA PRIMEIRA VOLTA

BASQUET CORUÑA LEYMA I 54 - 25 CB ARTEIXO DUACODE (15-06, 12-04, 13-09, 14-06)

O encontro non chegaba no mellor momento para as arteixáns cunha semana prácticamente sen adestrar e un bo número de xogadoras chegadas o día antes dunha viaxe de 16 horas. Pero estas rapazas non deixan de sorprendernos, e a súa capacidade para competir está xa fora de toda dúbida, poden facer mellor ou peor as cousas pero nunca deixan de competir.

O rival aínda por riba non podía ser máis duro: o Basquet Coruña de Germán Lozano, un conxunto que gañou todos os seus encontros da tempada pechando o marcador salvo nos dous disputados contra o CB Arteixo Duacode, ousexa, un auténtico equipazo.

O encontro foi moi disputado aínda que dende o comenzo xa se vía que as coruñesas eran moi superiores físicamente,  e que a súa presión en toda cancha estaba mellor traballada que na primeira fase. As de Arteixo en calquer caso foron saindo da mesma con certa calidade en non poucas ocasións, pero os pases longos en moitos casos non chegaban a destino.

Entrando no último minuto da primeira parte a diferenza estaba en 13 puntos, o que era todo un logro para as visitantes, pero 2 erros importantes de maneira consecutiva foron ben aprobeitados polas xogadoras coruñesas. O final o descanso 17 abaixo, que non estaba nada mal...

A volta do descanso véronse os mellores momentos das arteixáns que aumentaron o acerto no ataque e seguiron a poñer en moitas dificultades o ataque das vsitantes. Este cuarto o perderon tan só por 4 puntos.

No cuarto final o ritmo das do Basquet Coruña non baixou e as arteixáns xa ían coa lingua de fora, deste xeito foron aumentando as diferenzas ata os 29 puntos fináis 10 menos que na primeira volta.

Como non toca felicitar o conxunto coruñés, que a pesar de xogar con moita intensidade en ningún caso amosan ningunah mala intención sendo un dos conxuntos máis deportivos da competición, da gusto xogar contra unhas rapazas de bo nivel pero repetuosas con as súas riváis, así salen sempre grandes encontros entre estes dous equipos. Dar a noraboa tamén os seus adestradores (Germán e María) polo traballo feito ata esta data, e que teñan moita sorte de cara a fase seguinte.

As de Arteixo cunha victoria máis xogarán no primero grupo que da acceso a loitar polo ascenso.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.