Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

MEDIA PARTE

Infantil Masculino 2ª
23 Maio 2019
MEDIA PARTE
MEDIA PARTE

 

SANTO DOMINGO BETANZOS 73 - 22 CB ARTEIXO DUACODE

Viernes 17 de maio de 2019, 19.00h, Pavillón Municipal - Betanzos

CB Arteixo Duacode: Iker García, Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Anxo Novás - 5 inicial - Mario De Oliveira, Lucas Vidal, Hugo Lombao, Aarón Romero, David Eirís (adestrador)

Parciais: 17-4, 29-15 (descanso), 50-20, 73-22 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Iso foi o que aguantou o CB Arteixo Duacode na sua visita a Betanzos. Ante un rival complicado, os arteixáns botáronlle coraxe no comezo e incomodaban cada vez máis aos locais. Se cadra faltou un chisco de convicción para obter máis rendementos pero os nosos xogaban de ti a ti. Coa entrada da 2ª unidade o xogo dos arteixáns resentiríase e o rival comezaría a distanciarse no marcador, ata que de novo o cinco inicial acadaba un parcial favorable e chegábase ao descanso con boas sensacións (29-15 descanso).

Tra-lo descanso as forzas comezarían a fallar. Ante un rival máis físico os arteixáns tiñan cada vez máis problemas nas transicións. O ritmo anotador reducíase progresivamente, pero o peor chegaba en defensa onde os nosos non eran quen de realizar o balance defensivo e as axudas coma na primeira metade. No derradeiro periodo os arteixáns tocaban fondo baixando os brazos unha vez máis e permitindo que o conxunto rival cerrase marcador na última xogada do encontro (73-22 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.