CB ARTEIXO DUACODE 37 - 39 SANTO DOMINGO DE BETANZOS (12-06, 08-14, 11-09, 06-10)
Comezaba o encontro con bo ritmo para as arteixáns e xogando con moito criterio no ataque, semellaba que o encontro sería calcado o de liga, coas locáis dominando no xogo e no marcador.
Pero por desgraza non foi así, e no segundo cuarto as betanceiras comezaron a ter moito acerto de cara o aro, o que tamén axudaba unha frouxa defensa local.
Tras o descanso os erros eran continuos en ambos ataques, que rivalizaban en quen o facía peor. Por estes intres as do CB Arteixo Duacode xa regalaban balóns de todas as cores, precipitándose moitas veces no ataque e sen encontrar en ningún momento o seu xogo. A defensa mantiña as locáis no encontro.
No último cuarto máis do mesmo, precipitación, desorde, desacerto,... un desastre. Sirva como exemplo a porcentaxe nos tiros libres que foi 2 de 16.
Aínda así e todo houbo opcións de gañar ata o final, xa que este conxunto ten carácter e pelexa tódolos balóns, pero moitas veces iso non é de abondo.
Tocará remar nas vindeiras xornadas para tratar de estar entre os dous primeiros clasificados do grupo.