JUNIOR MASCULINO
JUNIOR FEMININO
CADETE MASCULINO
INFANTIL MASCULINO
INFANTIL FEMININO
A xornada trouxo un pouco de todo nas nosas categorías de base. O máis importante sen dúbida a melloría do nosos infantís de primeiro ano, que fixeron un gran partido en Carballo sen o premio da victoria. Este ano sen dúbida un ano para aprender sen mirar demasiado o marcador e por fin están a aparecer as primeiras mostras do que pode ser este conxunto.
Tamén mellorou moito o xogo das Junior na casa do Pontumio. As nosas comezaron a xogar no ataque como xa nos teñen acostumados, con bo movemento de balón pero como tamén nos teñen acostumados (por desgraza) o acerto segue a ser un gran lastre para as nosas, en calquera caso melloraron con moito o resultado da primeira volta.
O junior masculino voltou a senda da victoria nun encontro vital para as súas aspiracións ligueiras. Despóis dun mal inicio repuxéronse e comezaron a ser máis contundentes na defensa e o acerto apareceu no ataque. A primeira parte foi moi igualada pero na segunda foron moi superiores o conxunto colexial.
O cadete masculino, pola súa banda, non tivo opción contra un conxunto carballés de moito nivel técnico e físico. De todos xeitos en moitos momentos do partido competiuse case que de igual a igual, pero contra conxuntos de tanta calidade non se poden ter despistes gordos.
No caso do infantil 2 e o infantil feminino seguen a estar invictos e os dous encabezan a clasificación nos seus respectivos grupos. Os dous conxuntos deben estar preparados para os próximos envites onde o nivel dos riváis vai ir subindo.
Imos polo bo camiño!! TRABALLO, TRABALLO E MÁIS TRABALLO!!