CB ARTEIXO DUACODE 53-50 SANTO DOMINGO BETANZOS
9-14, 11-7, 10-6, 17-23
Moi importante a victoria do domingo diante dun equipo que contaba os seus partidos por victorias.
Empezaba o partido con igualdade no xogo. Ainda que os visitantes tomaban a iniciativa con balóns interiores que non eramos quen de defender, ademáis o rebote era tamén para os de Betanzos. Así o marcador reflexa un 9-14 ao final do cuarto.
No segundo cuarto, cambia o escenario. Dominamos o rebote e saimos moi rápido ao contraatque (anotamos tres consecutivos) en os betanceiros xa non xogan cómodos debido ao aumento da intensidade na defensa. O resultado é que cambia o tanteador para chegar ao descanso igualados (20-21).
Despois do parón segue a boa defensa que deixa aos de Code en 7 puntos no cuarto. Imos pouco a pouco agrandando a distancia ata chegar a superar os dez puntos, que son 9 ao final do cuarto.
No último cuarto a intensidade segue a ser boa e mantémonos por diante no marcador, incluso aumentando algo a distancia. Así chegamos aos minutos finais con 9 pubtos de vantaxe, pero os de Betanzos non se renden e apuran as súas opcións, recortando a distancia con dúas triplas. Pero faltoulles tempo para remontar.
En fin, victoria de mérito diante de un bon equipo.
Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.