Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

GRAN XOGO DE CONXUNTO

Infantil Feminino 2ª
18 Febreiro 2019
GRAN XOGO DE CONXUNTO
GRAN XOGO DE CONXUNTO

COMPAÑÍA DE MARÍA 32 - 55 CB ARTEIXO DUACODE (05-18, 11-11, 06-12, 10-14)

Inicio fulgurante por parte das arteixáns que cunha boa presión en toda a cancha poñían en moitas dificultades as colexiais roubando varios balóns e facendo rápidos contraataques. Cando non había opcións de contraataque a paciencia era a nota dominante no ataque visitante que movía o balón con intelixencia.

No segundo cuarto igualouse moito o xogo e a capacidade anotadora baixou un chisco nas de Arteixo.

Tras o descanso un novo arreón das xogadoras de Iván García fixo que as diferenzas no marcador seguiran aumentando ata os 20 puntos, sobre todo grazas a unha defensa case que perfecta.

No cuarto final, con todo decidido de inicio as arteixáns non baixaban o pe do acelerador e seguían a aumentar as diferenzas. Cara os últimos minutos do encontro si que chegou un pouco de relaxación que foi aproveitada polas coruñesas para igualar o xogo, pero o resultado xa era moi claro.

En definitiva un moi bo encontro das do CB Arteixo Duacode que amosaron moi bo xogo de conxunto en media cancha, disputando uns dos mellores minutos da tempada no xogo ofensivo.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.