Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

GRAN VICTORIA PARA PASAR ÁS SEMIS DA COPA PRIMAVERA

Júnior Masculino 2ª
8 Maio 2019
GRAN VICTORIA PARA PASAR ÁS SEMIS DA COPA PRIMAVERA

CB ARTEIXO DUACODE 69 - 54 TOP QUALITY CARS CAMBRE

28-10, 15-16, 15-17, 11-11

Partido de volta dos cuartos de final da Copa Primavera, que afrontamos cunha vantaxe de 3 puntos (56-59) acadada no partido de ida xogado en Cambre a semana pasada.

Os dous equipos demostraron un gran nivel e ofreceron un gran partido o domingo en Ponte dos Brozos.

O arranque foi determinante para o desenvolvimento do partido e da eliminatoria. Os nosos xogadores cunha gran intensidade e concentrtación acadan unha vantaxe de 17-0 nos primeiros cinco minutos de partido que marcou todo o que ía a pasar despois. O rebote que no partido de ida fora completamente dominado polos de Cambre, hoxe no inicio do partido foi completamente noso. Isto fixo que o ritmo fora o que a nos nos ía ben e puideramos xogar moi cómodos anotando con facilidade. A partires de este momento, os de Cambre xa se asentaron un pouco e empezouse a ver un partido igualado, pero sempre indo nos por diante no marcador cunha vantaxe clara na eliminatoria.

A cada arreón visitante, respostaban os nosos xogadores. Amosando unha "madurez" e unha actitude a destacar. Así os de Edda non eran capaces de recortar distancias e a eliminatora íase decantando para os nosos. Con todo isto, non baixaron os brazos ata o final o que da máis valor, se cabe, ao grande traballo de tódolos xogadores durante o partido.

Agora tocan as semifinais fronte ao Liceo La Paz que empezará o vindeiro venres ás 20:00 no Pazo dos Deportes de Arteixo debido ao cambio na orde dos partidos que solicitamos por mor da participación do noso equipo sénior na fase de ascenso á 1ª división en Foz esta fin de semana e que o Liceo dounos tódalas facilidades para poder facer este cambio.

Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.