Quinta xornada da segunda fase dos nosos benxamíns do CB Arteixo Duacode que esta vez enfretaban ao equipo KFC Culle Mixto.O encontro rematou cunha nova vitoria dos nosos por tres puntos. Onde primou a igualdade en todo o partido.
O partido comezou cun intercambio de cestas entre os dous equipos que conseguían abrir as defensas con facilidade. A medida que pasaban os sextos, este troco de cestas estaba favorecendo ao equipo de Culleredo que chegaban ao final do quinto sexto cunha diferencia de oito puntos.
Cun só sexto por xogar, os arteixáns mostraron a súa mellor versión en todo o xogo. No ataque empezaronse a atopar máis buracos na defensa rival cun bo xogo de equipo, e na defensa subìronse as liñas defensivas o que desembocou en puntos doados que, en ausencia dun minuto e trinta segundos para o final d encontro, poñianse a só un punto de distancia e balón para culleredo. Unha gran defensa dos arteixáns permite roubar o balon e rematar unha boa xogada cun tiro fácil debaixo de aro . Despois dun tiro fallado polos de culleredo os arteixans volven facer outra bóa xogada e conseguen unha boa posición de tiro e volven a anotar deixando unha diferenza de tres puntos en favor ca que se saldaría ou partido.
En suma, gran partido dos Benxamíns cunha gran vitoria que lles permite estar no segundo lugar no grupo.
Antes de finalizar, felicitar ao equipo de Culerredo por un gran partido
KFC Culle Mixto 34-37 CB Arteixo Duacode.