CB ARTEIXO DUACODE 84-PELETEIRO 69
(27-13, 13-22, 17-14, 27-20)
ANOTADORES: ANTELO 9, DANI COCHÓN 14, JESÚS 17, CONCHADO 13, OCAMPOS 11, GABI 6, MIGUEL 8 E RAMÓN 6. NON ASISTIRON O ENCONTRO POR TEMAS PERSOAIS: ROBER, NACHO E LUÍS.
A xornada era festiva no Pazo dos deportes de Arteixo cunha gran presentación das novas equipacións, e con una boa morea de xente nas bancadas, ante tal escenario os senior de segunda non defraudaron.
Un inicio espectacular anotando canastras de todas as cores, cunha fantástica defensa e un ritmo alto de xogo, que levou as diferenzas ata os 14 puntos.
Pero si alguén pensaba que a cousa ía a ser sinxela estaba moi equivocado, os santiagueses sairon a pista no segundo periodo moito máis agresivos na defensa e comenzaron a ter acerto nos lanzamentos a canastra, remontando nada menos que 9 puntos neste periodo.
Tras o descanso os arteixáns voltaron a xogar con máis criterio o balón, e axustaron un pouco as liñas defensivas, para poder entrar no cuarto definitivo cunha lixeira ventaxa.
No último cuarto do encontro voltou o xogo alegre dos locáis que impuxeron un ritmo altísimo e voltaron a anotar con comodidade, tamén os colexiais anotaron con fluidez neste periodo, o que fixo que a xente desfrutara dun encontro entretido que finalmente quedou na casa cunha cómoda renda final.
Deste xeito o CB Arteixo Duacode acada a sexta victoria da tempada, e renderá visita na vindeira xornada o Caferlo Viveiro tratando de rematar a primeira volta cunha única derrota no casilleiro.