CB ARTEIXO DUACODE 56 - 18 BV ASESORES LOS ROSALES A (20-03, 15-06, 06-05, 15-04)
O inicio do encontro por parte dos dous conxuntos foi desastroso de cara o aro, semellaba que xogaban o 0-0, sen embargo o xogo das locáis era de moi bo nivel, cunha defensa moi centrada en non conceder nada e un xogo de ataque moi rápido.
Pouco a pouco foron as de Arteixo afinando a puntería e remataron o cuarto con 20 puntos no electrónico.
O segundo cuarto foi polo mesmo camiño do primeiro, cunha gran defensa e certos problemas a hora de finalizar preto do aro rival. Pero o xogo en liñas xeráis seguía a ser bo.
Tras o descanso viñeron os peores momentos das locáis que multiplicaron os seus erros no ataque, e ademáis perderon moita intensidade defensiva permitindo moitas segundas opcións as dos Rosales.
No cuarto final as do CB Arteixo Duacode voltaron a poñer o mono de traballo e a xogar con rapidez e intelixencia no ataque para deixar boas sensacións de cara os próximos compromisos.