Senior: Santo Domingo Betanzos B - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 20/01/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - CB Laracha M3 · 18/01/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Maristas Coruña · 20/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Carballo a un Paso Artai EBX · 19/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 20/01/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Santa María del Mar - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 19/01/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 19/01/2019 18:00 PavillónLos Rosales - A Coruña || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 20/01/2019 16:00 Colexio Maristas - A Coruña || Alevín: Jesuitinas - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 19/01/2019 19:15 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Jesuitinas C · 19/01/2019 17:45 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA

9 Xaneiro 2019
GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA
GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA GRAN DÍA DE BALONCESTO NA LARACHA

Unha gran xornada a vivida en vísperas do fin de ano na localidade veciña de A Laracha, onde se disputou o VIII Memorial José Antonio Vega. Alí presentouse o CB Arteixo Duacode con nada máis e nada menos que 4 equipos, o infantil feminino, o infantil masculino e o alevín feminino e o masculino reforzados con xogadores e xogadoras do conxunto benxamin do club.

Os "minis" tiveron que xogar os seus encontros no CEIP Otero Pedrayo mentres que os infantís o fixeron no IES Agra de Leborís.

A xornada estivo marcada como sempre polo bo ambiente entre a expedición aínda que é de destacar que nos tempos libres fíxose demasiado uso dos móviles... xa se sabe, os novos tempos!!

En canto o xogo por parte do conxunto infantil feminino tivo que disputar 3 encontros, nos que se impuxo os seus riváis, amosando parte do xogo que veñen levando a cabo o longo desta primeira parte da tempada.

 O alevín e infantil masculinos resultaron ter unha xornada atípica en Laracha trocandon a súa imaxe habitual durante a tempada.

Por unha parte, o alevín masculino amosouse sen química durante toda a xornada, acusando a baixa dalgúns xogadores e producíndose a estrea dalgún xogador benxamín no "roster", se ben o que máis botouse en falta foi a actitude que caracteriza ó conxunto arteixán no campionato ligueiro. A maiores, e sen intención de xustificar os resultados, a baixa implicación dos colexiados non axudou a gozar da xornada, permitindo case todo o contacto e sen sinalizar foras de banda tamén de forma habitual.

Pola súa parte, puidemos disfrutar dun torneo e unha imaxe totalmente diferente co infantil masculino. Nun pavillón onde se presentaba os xogadores por megafonía e os colexiados aplicaban o reglamento, os mozos do infantil amosaban a mellor imaxe da tempada e con máis cabeza do habitual plantábanlle cara a Culleredo boa parte do encontro e impoñíanse a Montrove no derradeiro choque. Malia todo, con moitos aspectos de concentración e comunicación que mellorar en vistas a comezar a competir no campionato ligueiro.

No caso do alevín feminino as dificultades nos seus encontros foi máxima tendo que xogar contra equipos masculinos e todos de bo nivel. Sen embargo a medida que avanzaba o torneo as de Daniel Fraga ían mellorando en tódolos aspectos do xogo, ata terminar amosando unha moi boa imaxe.

Rematados os encontros tocaba o final de festa no Municipal de A Laracha a onde se desprazaron tódolos participantes a redor de 350 rapaces cos seus adestradores. Alí todos recibiron a súa medalla correspondente e fíxose a foto de familia habitual para pechar cun notable éxito outra edición do Memorial José Antonio Vega.

Agradecer O CB Laracha e en especial a Roi Vega (coordinador do evento) a invitación a participar nun torneo tan bonito, tamén agradecer o comportamento de todos os rapaces e rapazas do CB Arteixo Duacode que asitiron o memorial.

O ano que ven voltamos!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.