TOP QUALITY CARS CAMBRE C 70 - 51 CB ARTEIXO DUACODE (20-12, 13-13, 17-13, 20-13)
Non se pudo acadar a victoria no último encontro do ano, pero o xogo mellorou un mundo dende os primeiros encontros da tempada.
No momento en que se deixaron de lado as excusas e comezamos a traballar os froitos comezan a aparecer.
No inicio a maior altura por parte dos locáis facía que cargaran moito o xogo na pintura e obrigaba os arteixáns a facer moitas faltas que levaban os de Cambre a liña de tiro libre. En xogo as canastras eran poucas, xa que a defensa estaba a ser boa.
No segundo cuarto a cousa igualouse máis, e tan so algún erro en situacións sinxelas fixo que os visitantes non se acercaran máis no marcador.
Tras o descanso os de Arteixo saíron un chisco despistados o que aprobeitaron os locáis para ir marchando no marcador. Pero tras eses primeros intres os do CB Arteixo Duacode voltaron a senda do bo xogo en ataque e a dureza na defensa para voltar a estar en 10 puntos de diferenza.
No cuarto definitivo a pesar dos esforzos a maior experiencia e físico dos locáis terminou por impoñerse.
XOGARON E ANOTARON: DANI A. 15, NICO 6, ADRIÁN 10, PABLO 2, DYLAN 7, VICTOR 4, HUGO 2, JAVI 3, DIEGO 2, DANI F, JACOBO E FRAN.