|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

GERMÁN LOZANO E O "PASO 0"

3 Xaneiro 2019
GERMÁN LOZANO E O
GERMÁN LOZANO E O GERMÁN LOZANO E O GERMÁN LOZANO E O GERMÁN LOZANO E O

Interesantísima a dobre sesión que se pudo ver na mañán do domingo no Pazo dos Deportes de Arteixo, na que o Director Deportivo do CB Arteixo Duacode Germán Lozano explicou situacións nas que se pode usar o paso 0.

Traballáronse situacións de finalización preto do aro, recepcións para tiro e recepcións en campo aberto para pase e bote.

Na primeira sesión o turno foi para infantís e cadetes, que pouco a pouco foron pillando as indicacións do adestrador, son eles os que máis se aprobeitarán desta nova norma.

Na segunda quenda chegaron os senior con algún junior, aquí as dificultades son máximas para os maiores xa que os hábitos xa están moi interiorizados e non é sinxelo cambialos.

En calquer caso pasouse unha mañá de domingo diferente, na que todos os  adestradores do club poideron coller ideas para  traballar nos seus equipos  unha situación tan novedosa  e que vai cambiar tanto o noso deporte.

Dar as grazas os xogadores e xogadoras que participaron das sesións, así coma os adestradores do club, e tamén a algúns integrantes dos equipos do CB Arteixo Duacode que se achegaron ata o Pazo para ver os adestramentos, e como non unha vez máis a Germán por adicar o seu tempo a formación dos nosos adestradores e xogadores.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.