O pasado venres día 16 tivemos a sorte de contar coa presenza de María Encina de General Óptica que tivo a amabilidade de realizar unha revisión ocular os equipos cadete e infantil feminino do CB Arteixo Duacode.
Durante case que 2 horas, e coa a súa amabilidade característica e moita paciencia, foi revisando unha a unha todas as rapazas dos dous conxuntos do club.
So nos queda darlle as grazas a General Óptica, e a María Encina en particular, por facer este traballo de maneira gratuita e totalmente desinteresada. Con patrocinadores así da gusto traballar!!
Nas vindeiras datas seguirá visitando os diferentes equipos do club para facer as revisións pertinentes a todos os xogadores e xogadoras do CB Arteixo Duacode que así o desexen.