|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

FINAL DE TEMPADA PARA O CADETE MASCULINO

Cadete Masculino
28 Maio 2018
FINAL DE TEMPADA PARA O CADETE MASCULINO

Rematou a tempada para o equipo cadete masculino e pódese calificar, sen temor a equivocarnos, como UNHA GRAN TEMPADA.

Unha tempada na que os problemas para adestrar con continuidade (lesións, pasantías, ....) non foron quen de desanimar aos xogadores e non perderon o ánimo e foron quen de traballar en tódolos adestramentos acadando unha mellora apreciable tanto individual como colectiva que levou ao equipo a acadar o sexto posto total na liga e chegar ás semifinais da copa primavera. E, o máis importante, sendo capaces de competir en todos os partidos xogados na tempada.

Só nos queda agradecer o gran traballo feito polos xogadores e a implicación tanto deles como das familias para que esta tempada rematara con moi boa nota.

IAGO Abelenda, ZEUS Quintáns, IAGO Rodríguez, MIGUEL Benítez, SIMÓN Souto, ENZO Quintáns, ADRIÁN Santos, SAMUEL Barral e ELÍAS Vidal, e os xogadores do equipo infantil que participaron (en maior ou menor medida) nos adestramentos e partidos para axudar ao equipo GONZALO Ponte, ANDRÉS González, ÁNGEL Regueira, MANU Iglesias e PEDRO López.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.