CENTRO VETERINARIO EUME 63 - 23 CB ARTEIXO DUACODE (16-08, 16-09, 10-02, 21-04)
Este ano non pudo ser... xa se sabía dende o incicio da segunda fase que sería moi complicado, pero a ilusión sempre hai que tela e así foi, durante os 4 primeiros encontros as opcións eran reais, pero no pasado encontro en Pontedeume rematou o soño.
O encontro estivo dominado polas locáis case que dende o inicio ata o final, apoiadas nun físico superior que facía que o ataque das arteixáns tivera moitos atrancos para anotar e ademáis dominaban o rebote con facilidade e armaban rápidos contraataques.
En calquer caso o primeiro tempo estivo igualdo no xogo, non tanto no marcador, pero era sabido que encaixando 16 puntos por cuarto estar preto no luminoso sería case que imposible.
Tras o descanso aínda tiñan forzas as nosas e amosaron ese carácter competitivo o que nos teñen acostumados e baixaron a producción ofensiva das eumesas, pero o ataque non funcionaba como debía e quedou en tan só unha canastra co que as diferenzas foron aumentando exponencialmente.
O cuarto definitivo foi de trámite e as visitantes foron perdendo fe no xogo, mentres que as locáis non pararon de crecer para rematar levando unha cómoda victoria.
En definiva, isto non é un paso atrás nin moito menos, restan 2 encontros de esta fase nos que hai que seguir aprendendo e unha copa preciosa por diante para disfrutar do xogo. Non hai máis: DISFRUTAR E APRENDER.
Xogaron polas do CB Arteixo Duacode: Antía Rodríguez, Carla Naya, Andrea Suárez, Xoana Mato, Marta Pombo, Zeltia Otero, Antía López, Lucía Area, Uxía Souto e Sabela Calvete.