Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

FIN O SOÑO DO ASCENSO

Infantil Feminino 2ª
11 Abril 2019
FIN O SOÑO DO ASCENSO

CENTRO VETERINARIO EUME 63 - 23 CB ARTEIXO DUACODE (16-08, 16-09, 10-02, 21-04)

Este ano non pudo ser... xa se sabía dende o incicio da segunda fase que sería moi complicado, pero a ilusión sempre hai que tela e así foi, durante os 4 primeiros encontros as opcións eran reais, pero no pasado encontro en Pontedeume rematou o soño.

O encontro estivo dominado polas locáis case que dende o inicio ata o final, apoiadas nun físico superior que facía que o ataque das arteixáns tivera moitos atrancos para anotar  e ademáis dominaban o rebote con facilidade e armaban rápidos contraataques.

En calquer caso o primeiro tempo estivo igualdo no xogo, non tanto no marcador, pero era sabido que encaixando 16 puntos por cuarto estar preto no luminoso sería case que imposible.

Tras o descanso aínda tiñan forzas as nosas e amosaron ese carácter competitivo o que nos teñen acostumados e baixaron a producción ofensiva das eumesas, pero o ataque non funcionaba como debía e quedou en tan só unha canastra co que as diferenzas foron aumentando exponencialmente.

O cuarto definitivo foi de trámite e as visitantes foron perdendo fe no xogo, mentres que as locáis non pararon de crecer para rematar levando unha cómoda victoria.

En definiva, isto non é un paso atrás nin moito menos, restan 2 encontros de esta fase nos que hai que seguir aprendendo e unha copa preciosa por diante para disfrutar do xogo. Non hai máis: DISFRUTAR E APRENDER.

Xogaron polas do CB Arteixo Duacode: Antía Rodríguez, Carla Naya, Andrea Suárez, Xoana Mato, Marta Pombo, Zeltia Otero, Antía López, Lucía Area, Uxía Souto e Sabela Calvete.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.