CB ARTEIXO DUACODE 28 - 56 BAXI FERROL (11-19, 04-12, 02-16, 11-09)
Bo encontro o que disputaron as rapazas do infantil na tarde do domingo no Pazo de Arteixo. As dificultades eran moitas ante un conxunto moi superior físicamente. De tódolos xeitos as nosas competiron moi ben, moito mellor que no encontro de ida.
O primeiro e o último cuarto forn moi igualados, pero nos dous cuartos centráis a baixa anotación das locáis fixo que en ningún caso tiveran opcións de victoria.
Remata unha liga na que as de Iván García tan só perderon 5 encontros, catro deles contra os 2 conxuntos que xogarán polo ascenso e que a día de hoxe están nun nivel superior. Polo tanto a tempada ata este intre temos que calificala de sobresaínte, pero queda a copa para poñer a matrícula de honra.