O vindeiro domingo día 6 de maio celebrarase a FINAL A CATRO da Fase de consolación da Copa Primavera Júnior Masculina. Será no Pavillón Elviña II da Coruña.
Esta fase de consolación dispútana os equipos eliminados na primeira rolda da Copa Primavera.
O noso equipo quedou eliminado nesta primeira rolda e pasou a disputar a fase de consolación fronte a CD Los Rosales a quen eliminou despois de perder o primeiro partido en Arteixo por 40-56 e remontar na volta vencendo por 35-55.
As semifinais serán as seguintes:
- BALONCESTO CAMBRE-CB ARTEIXO DUACODE ás 10:00
- BALONCESTO NARÓN-BASQUET CORUÑA U18 ás 12:00
E a final (entre os gañadores das semifinais), disputarase ás 17:00 na mesma instalación.