Senior: Compañía de María - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 11/05/2019 17:00 Pavillón Marzán - Foz || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Basquet Coruña S · 15/05/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Liceo La Paz · 10/05/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: BV Asesores Los Rosales B - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 11/05/2019 12:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Compañía de María B · 11/05/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 11/05/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB As Pontes - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 12/05/2019 17:00 Pavillón Municipal As Pontes || Alevín: CB Montespiño B - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 11/05/2019 12:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Peñarredonda - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 11/05/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto - KFC Culle Mixto · 11/05/2019 11:00 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

FASE DE ASCENSO SENIOR 2ª DIVISIÓN EN FOZ

Sénior Masculino 2ª
8 Maio 2019
FASE DE ASCENSO SENIOR 2ª DIVISIÓN EN FOZ
FASE DE ASCENSO SENIOR 2ª DIVISIÓN EN FOZ FASE DE ASCENSO SENIOR 2ª DIVISIÓN EN FOZ

Pois chegou o gran día! O vindeiro sábado día 11 o noso senior de segunda división marcha cara terras focenses en busca do ascenso a primeira nacional despois dunha longa tempada cargada de viaxes por toda Galicia e de sobrepoñerse a non poucos contratempos.

O camiño foi moi complicado nunha liga que este ano disputouse nun único grupo e que contou con 22 xornadas nas que o CB Arteixo Duacode acadou un balance de 15 victorias e 7 derrotas, para rematar a liga regular nun meritorio terceiro posto. Parte do éxito veu marcado por una segunda volta sensacional na que os arteixáns tan só perderon 2 encontros (os dous na casa) e se amosaron infalibles lonxe do Pazo dos Deportes onde contaron os seus encontros por victorias, algunhas de moito prestixo como as logradas na casa do segundo (Celtas de Foz) ou na Illa de Arousa.

A fase xogaráse en formato de final a 4, coas semifináis no sábado e a gran final o domingo. A primeira semifinal será a que enfrontará os nosos co Compañía de María de Santiago ás 17:00 horas (terceiro e cuarto clasificado). Ás 19:00 chegará o turno do conxunto local o Celtas de Foz que xogará contra Porriño (segundo contra quinto).

A final celebraráse entre os gañadores de cada eliminatoria o domingo ás 18:00 horas. Tódolos encontros xogaranse no Pavillón Torques de Marzán de Foz.

O grande logro dos nosos ten máis importancia se cadra se pensamos que o club non se mete nunha fase de ascenso dende o ano 2011 cando foran a xogar a cidade das burgas contra o Pabellón Orense, naquela ocasión non pudo ser (aínda que se fala de que o pasaron en grande…). Desa viaxe “sobreviven” no CB Arteixo 3 xogadores: Alex Antelo, Rober Vilariño e Guille Conchado. Tamén o adestrador por aquela data e adestrador-presidente na actualidade Fran Lozano, e o axudante de entón e Director Deportivo na actualidade Germán Lozano (adxuntamos fotos do acontecemento). Tamén é de destacar a presenza nese conxunto de Álvaro Enríquez actual asesor do CB Arteixo e un dos xefes do noso patrocinador a empresa Duacode.

Dende o club somos conscientes de que o desprazamento non é nada cómodo, pero faríanos moita ilusión que os xogadores e xogadoras do club, acompañados dos seus familiares, poideran disfrutar dunha cita tan sinalada na que a emoción está garantida e as gradas do pavillón focense estarán ateigadas de xente.

PRECISAMOS DO VOSO APOIO PARA ACADAR O ASCENSO!! NON FALTEDES!!

PLANTEL DO CB ARTEIXO DUACODE 2018/2019

  • BASES: NACHO PENA E IAGO ABELENDA.
  • ESCOLTAS: DANI COCHÓN E JAVI ESCARIZ.
  • ALEIROS: ALEX ANTELO, GUILLE CONCHADO, JESÚS MOAR, SIMÓN SOUTO E HUGO VAL.
  • ALA PIVOT: ALEX OCAMPOS.
  • PIVOTS: ROBER VILARIÑO E ANDRÉS SANMARTÍN.
  • ADESTRADORES: IVÁN GARCÍA E FRAN LOZANO.

Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.