|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

ESTAMOS NA FINAL!!!!

Júnior Masculino 2ª
22 Maio 2019
ESTAMOS NA FINAL!!!!
ESTAMOS NA FINAL!!!!

Chegábamos á semifinal da Copa Primavera cos ánimos moi altos despois de eliminar a Top Quality Cars Cambre nunha eliminatoria cun nivel alto de xogo.

CB ARTEIXO DUACODE 68-43 LICEO LA PAZ

11-13, 14-8, 29-7, 14-15

E empezamos o primeiro partido de esta semifinal un pouco nerviosos. Ao mellor era por ver as gradas do Pazo case cheas de público que non deixou de animar ao equipo en ningún momento. Os xogadores do Liceo moi centrados e intensos en este principio de partido dominan o "tempo" do partido e marcan o ritmo do xogo e mantéñense por diante no marcador. Pero pouco a pouco os nosos vanse asentando e o acerto vai sendo maior segundo pasa o tempo. Así chegamos ao terceiro cuarto, no que a defensa intensa e continuas axudas e o acerto de cara ao aro rival provocan un parcial de 29-7 que fai que xa se vexan as cousas de outra maneira e, á vez, que o público disfrute na grada. No principio do último cuarto seguimos aumentando a vantaxe que chega ata os 34 puntos, pero nos últmos minutos baixamos a intensidade na defensa cometendo varios erros e moitas faltas que deixan que os colexiais rebaixen a diferencia ata os 25 puntos finais.

Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.

LICEO LA PAZ 56-65 CB ARTEIXO DUACODE

15-19, 6-11, 19-17, 16-18

Chegamos ao partido de volta tamén disputado no Pazo (queremos agradecer ao Liceo La Paz todas a facilidades dadas para a disputa dos dous partido da eliminatoria) e con bastante público na grada, cos 25 puntos de vantaxe acadados no primeiro partido que esperábamos que nos deran a tranquilidade suficiente para xogar sen presión. E así empezamos. Sabendo xogar o partido. Buscando opcións cómodas e defendendo forte. As distancias van aparecendo no marcador e imos dominando o xogo. No segundo cuarto a defensa segue a poñer moitos atrancos para anotar aos "locais" e escapámonos chegando a sobrepasar os 10 puntos de vantaxe. Á volta do descanso, segue a aumentar a vantaxe. Pero, pouco a pouco os do Liceo empezan a recortar as distancias e poñense a 4 puntos nos primeiros minutos do último período. O equipo volta a centrarse e recupera unha distancia cómoda que non fai peligrar a victoria no partido.

Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.

En fin, despois de tódolos problemaas coas lesións que tivemos en toda a tempada, temos o premio de disputar a final da Copa Primavera diante Santo Domingo Betanzos que organiza o noso Club este domingo 26 ás 19:30 no Pazo dos Deportes.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.