No mediodía de onte tiña lugar unha pequena entrevista no programa Punto pelota Coruña de Intereconomía radio na que dous representantes do noso club fixeron un repaso a actualidade do CB Arteixo.
Dunha banda o noso presidente Fran Lozano e de outra o coordinador de actividades Iván García.
Comenzouse falando do encontro amigable con motivo do día contra a violencia de xénero e a partires de ahí un repaso a diversos temas de interese do club, dende o seu crecemento nos últimos anos, ata os obxectivos que aínda ten por alcanzar a entidade arteixán a curto prazo.
Non nos queda outra que agradecer a cadea, e en especial os seus presentadores: Sara Gallego e David Cofán pola súa atención e hospitalidade.
Deixamos o enlace da entrevista que empeza sobre o minuto 46.
https://www.ivoox.com/45366763