Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 11/01/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Cambre - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 11/01/2020 20:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Junior: Trebóns Basket Club - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 11/01/2020 12:00 Pavillón Bastiagueiro - Oleiros || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - ACB Costa da Morte · 12/01/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Montrove - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 11/01/2020 10:00 Pavillón Canide - Mera || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div - Basquet Coruña Leyma U14 · 12/01/2020 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Obradoiro Masc · 10/01/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - ACB Costa da Morte · 12/01/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BC Cristo Rey - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 11/01/2020 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Jesuitinas B · 11/01/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Alevín: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 11/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: Basquet Coruña Leyma U10/9 - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 11/01/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

ENSAIANDO ANTES DA FASE

Sénior Masculino 2ª
2 Maio 2019
ENSAIANDO ANTES DA FASE

CB CELTAS CCA FOZ 65 - 77 CB ARTEIXO DUACODE (20-23, 19-13, 12-18, 14-23)

Enfrontábanse na última xornada da liga regular o segundo e o terceiro clasificado que disputarán a fase de ascenso na fin de semán do 11. Deste xeito os dous conxuntos fixeron un ensaio xeral do que pode ser unha final na que tan só un dos dous acadaría o ascenso de categoría.

Comezaban os de Foz moi acertados de cara o aro dende a liña de 3 puntos, pero a defensa dos arteixán era boa, e no ataque ademáis estaban tamén moi acertados. Deste xeito o marcador o final do cuarto case quE semellaba ser o dun partido da NBA.

No segundo cuarto o acerto baixou un chisco, ou as defensas subiron un pouco a intensidade, pero a anotación dos locáis disparouse ata os 39 puntos (demasiados encaixados polo CB Arteixo para tratar de gañar nunha pista tan complicada).

Tras o descanso os visitantes comezaron a meter un pouco de intensidade na defensa e as porcentaxes no tiro dos focenses baixaron ostensiblemente mentres que o ataque seguía a estar ben engraxado para acadar as primeiras diferenzas no luminoso.

No cuarto definitivo os do CB Arteixo xa non baixaron marcha e terminaron por levar unha victoria cómoda para a casa. Iso si, nunha hipotética final as cousas poden ser moi diferentes xa que case seguro os dous conxuntos gardaron algún as na manga...

XOGARON E ANOTARON: IAGO 15, OCAMPOS 6, ESCARIZ 6, ANDRÉS 14, JESÚS 8, SIMÓN 6, ANTELO 12, CONCHADO 5 E NACHO 5.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.