ILLA DE AROUSA 65 -79 CB ARTEIXO DUACODE (21-21, 15-18, 09-18, 20-22)
Sabían os de Arteixo que este era un encontro chave no que resta de tempada e presentáronse na Illa de Arousa a facer un partido moi serio ante un conxunto moi complicado.
O inicio foi espectacular por parte dos locáis que anotaban todo o que lanzaban con 4 triplas nos primeiros 5 minutos, sen embargo os visitantes non tolearon, a sebendas de que non estaban a facer as cousas tan mal como reflectía o marcador. E así foi, pouco a pouco os arteixáns foron igualando as cousas.
No segundo cuarto un pequeno paso adiante na defensa dos do CB Arteixo Duacode fixo que apareceran as primeiras diferenzas a prol deles, comezaba a amosarse algo de desesperación nos locáis, que xa non atopaban o aro con tanta claridade.
Tras o descanso os mellores momentos dos visitantes que xa defendían coa intensidade necesaria e no ataque non paraban de anotar con regularidade que facía que as diferenzas xa foran importantes.
No cuarto definitivo, a pesares de algún intento de achegarse no marcador por parte dos da illa, os do CB Arteixo Duacode tiveron o encontro ben controlado, e en ningún momento perigou a victoria que terminou sendo cómoda.
Tan so queda dar un pasiño máis para a consecución do obxectivo da tempada que non é outro que entrar na fase de ascenso a primeira nacional. Se o conxunto arteixán é quen de vencer o CB Allariz o vindeiro sábado as 18:00 no Pazo terá matemáticamente o pase a final a 4.
XOGARON E ANOTARON: ANTELO 10, IAGO 15, JESÚS 12, ANDRÉS 13, CONCHADO 11, NACHO 5, SIMÓN 6, OCAMPOS 7 E ESCARIZ.