Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

EN BOA DISPOSICIÓN PARA AFRONTAR O TOURMALET

Sénior Masculino 2ª
20 Marzo 2019
EN BOA DISPOSICIÓN PARA AFRONTAR O TOURMALET

EXTRUGASA RÍO ULLA 53 - 82 CB ARTEIXO DUACODE (16-21, 12-20, 16-23, 09-18)

Comezo de encontro no que semellaba que ningún dos dous conxuntos tiña gañas de defender, as canastras sucedíanse unha tras outra nos dous aros, pero un maior acerto por parte dos visitantes permitía que se alcanzaran as primeiras diferenzas.

Tras o primerio parón os arteixáns chegaron a conclusión de que non lles interesaba un encontro que fora camiñando polos derroteiros da igualdade, e comezaron a defender como acostuman, mentres que no ataque o  acerto era alto, cando non era un era outro o que anotaba facendo moi difícil a defensa dos do Río Ulla. Ó descanso unha cómoda renda de 13 puntos.

O regreso do descanso as defensas voltaron a desaparecer pero o movemento de balón  e de xogadores no ataque dos de Arteixo era continuo xogando rápidas inversións de balón e tamén moitos balóns interiores que propiciaban canastras de tódalas cores. Deste xeito entrábase no cuarto definitivo con 20 puntos de ventaxe.

O periodo definitivo foi de trámite, pero é de destacar que os do CB Arteixo Duacode non baixaron de todo a intensidade, xogando como conxunto ata o bucinazo final.

XOGARON E ANOTARON: ANDRÉS 20, NACHO 5, CONCHADO 12, COCHÓN 9, ANTELO 18, IAGO 8, SIMÓN 2, JESÚS 2 E ESCARIZ 3.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.