|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

E OUTRA VISITA MÁIS...

10 Xullo 2018
E OUTRA VISITA MÁIS...
E OUTRA VISITA MÁIS... E OUTRA VISITA MÁIS... E OUTRA VISITA MÁIS...

No día de hoxe tivemos a sorte de que viñese a adestrar connosco Cristian Martín Vázquez, árbitro do Grupo 1 da Federeción Española de Baloncesto (arbitrando actualmente en LEB Oro, LEB Plata e Liga Feminina, e tamén en categorías de formación) e adestrador do Club Cidade de Lugo.

Entre outras cousas, Cristian ten a experiencia de ter participado en Campionatos de España de clubes en tódalas categorías; representar ó noso país nun torneo internacional U14; ser o responsable e director técnico dos árbitros da provincia de Lugo; ser informador da Federación Galega de Baloncesto; arbitrar finais de Copa Galicia Senior masculino e feminino;...

Na mañá de hoxe estivo adestrando con tódolos grupos do noso campus, repasando diferentes aspectos técnico-tácticos do xogo.

Ó final das sesións estableceuse un bo intercambio de opinións e preguntas con respecto a temas de arbitraxe e outros temas relacionados co mundo do baloncesto.

Agradecer a Cristian que por segunda vez asistise ó noso campus (estivo connosco no ano 2016), esperando a que se convirta en algo habitual para deleite do noso club. Tamén agradecer ó Cidade de Lugo que nos deixase dispoñer de Cristian durante a xornada de hoxe.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.