CB ARTEIXO DUACODE 76 - 41 JESUITINAS C
Os arteixáns cumpriron, pero os demais resultados non favoreceron os seus intereses e quedan fora da fase final con balance de 6-1
Sábado 19 de xaneiro de 2018, 17.45h, Agra II - A Coruña
CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Hugo Núñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Álex Rama, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciais: 12-6, 24-18, 44-26 (descanso), 57-35, 68-38, 76-41 (final)
Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente
Non puido ser. Na derradeira xornada os arteixáns xogaban por partida doble. Primero tiñan que gañar a Jesuitinas C e despois esperar a que Betanzos fixera o propio contra o E.P.Bazán CD Rosales. E como depender doutros resultados nunca é unha boa nova o líder caía frente o E.P.Bazán CD Rosales. Polo tanto, soamente unha frouxa metade nun partido turbio os deixa fora da fase final.
Malia todo, os arteixáns cumprían a súa parte. Sen embargo, tiñan que loitar máis do que aparenta o resultado xa que o inicio deixaba bastante que desexar. Os momentos críticos chegaban no segundo periodo. Os nosos acusaban os nervios da clasificación en xogo e os visitantes gañaban en confianza. Favorablemente a reacción non se facía esperar máis e os arteixáns cuaxaban os seus mellores minutos no terceiro periodo, convertindo catro triplas e chegando ao descanso con marxe no marcador (44-26 descanso).
Na segunda metade o conxunto arteixán continuaba irrecoñecible no balance defensivo pero mantiña o acerto en ataque, o que lle permitía afrontar o resto do encontro con máis tranquilidade e intelixencia. Unha tendencia que mesmo melloraría nos periodos finais cos arteixáns máis concentrados no apartado defensivo (76-41 final).