Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

DUAS PARTES MOI DIFERENCIADAS

Sénior Masculino 2ª
12 Abril 2019
DUAS PARTES MOI DIFERENCIADAS

CB ARTEIXO DUACODE 66 - 55 SANTO DOMINGO DE BETANZOS B (14-17, 15-21, 14-10, 23-07)

Encontro adiantado a penultima xornada de liga no que os locáis xa non se xogaban nada clasificatoriamente falando.

Iso notouse no inicio do encontro onde a falta de competitividade dos arteixáns chegou a ser desesperante, cun conxunto de Betanzos con moito máis desexo de gañar. Deste xeito as primerias diferenzas non se fixeron esperar e non pararían de medrar en toda a primeria parte xa que os locáis non ían o rebote coa forza que requería o encontro, non saían os tiros e o trote era a velocidade habitual en cada acción.

Tras o descanso todo cambiou, aínda que o acerto no ataque non foi espectacular, na defensa a intensidade foi a que nos teñen acostumados os nosos, deste xeito os visitantes estiveron 5 minutos sen anotar e as diferenzas menguaron.

En calquera caso aínda non era suficiente e o mellor quedaría para o cuarto definitivo, onde a defensa puxo un puntiño máis e o ataque agora si estaba anotando con moita continuidade para rematar este periodo cun claro 23 a 7.

Unha nova lección para aprender os do CB Arteixo Duacode xa que calquer conxunto si non pos a intensidade necesaria pásache por enriba. E o que queda é para estar moi concentrado, porque 3 minutos de desconexión poden ser perder un encontro.

XOGARON E ANOTARON: CONCHADO 21, OCAMPOS 10, ANTELO 15, SIMÓN 2, IAGO 4, ESCARIZ 1, ANTELO 15, ROBER 1, JESÚS 5 E VAL.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.