CB ARTEIXO DUACODE 33 - 70 KFC CULLE
Sábado 4 de maio de 2019, 16.00h, Ponte dos Brozos - Arteixo
CB Arteixo Duacode: Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Aharón Pin, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Mario De Oliveira, Iker García, Lucas Vidal, Rául Vázquez, Manu López, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)
Parciais: 2-21, 12-31 (descanso), 23-44, 33-70 (final)
Asistencia: Desta volta os siareiros do conxunto arteixán tiveron que desprazarse ata Ponte dos Brozos
Como ven sendo habitual, os erros de concentración costarían caro aos arteixáns. A primeira desconexión tiña lugar no primeiro cuarto, onde tras uns primeiros intres de desacerto xeneralizado os nosos perdían a paciencia na saída de balón e establecíanse as primeiras diferenzas. Os problemas e as canastras en contra seguirían en canto os locais non espertaban no balance defensivo (2-21 min 10).
Axustados estes aspectos tería lugar outro partido a partir do segundo cuarto. Mellorando no balance e sendo máis colectivos na saída o xogo melloraba notablemente e os arteixáns xogaban un novo encontro de mérito, competindo de ti a ti contra un conxunto superior físicamente e a igualdade alargábase ata o último cuarto (23-44 min 30).
Lamentablemente, chegados a este punto os nosos botarían por terra todo o esforzo previo. Unha nova desconexión provocaba un rápido parcial en contra. Os locais pouco mellorarían tras unha pausa, seica en parte por acusar o cansazo e por outra parte por baixar os brazos no tramo final. En calquera caso, os arteixáns encaixaban neste periodo bastantes máis puntos ca nos dous periodos anteriores, pechando o encontro con malas sensacións (33-70 final).