Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

DÚAS ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA

27 Setembro 2019
DÚAS ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA
DÚAS ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA DÚAS ACTIVIDADES PARA ESTA FIN DE SEMANA

A fin de semana ven cargada de acontecementos para o CB Arteixo Duacode. O sábado á mañán, e en colaboración co CCA, estaremos presentes nas rúas do pobo facendo unha actividade na que haberá unha serie de retos relacionados co baloncesto para superar en diferentes localizacións. Para aqueles que sexan quen de superar algún haberá premio garantido. Acompañaranos nunha das rúas Rocío Varela xogadora do Durán Maquinaria Ensino da LIGA DÍA.

Entre as 11 e as 13:30 vos esperamos na rúa Uxío Novoneyra, na peatonal e na praza das Viñas. Non vos perdades a "ruleta da sorte"!!

O mediodía tocará viaxar cara Mondoñedo onde un grupo das nosas rapazas participarán pola tarde e durante todo o día do domingo no I Torneo de pretempada "MONDOÑEDO NO CAMIÑO NORTE".

Xunto coas nosas participarán tamén: Grupo Covadonga, CB Allariz Reale Seguros Ourense, Café Candelas Ensino Lugo, KFC Culleredo e CB Burela.

Como vedes diversión non ha faltar na fin de semana do CB Arteixo!!

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.