Moi complicado poder explicar con palabras todo o vivido a pasada fin de semana no Concello da Estrada.
Si ben xa era un premio enorme o asistir a una cita tan sinalada, a todo o mundo lle gusta gañar e o obxectivo claro era voltar ó día seguinte tras afrontar os cuartos de final.
E a expectación era grande e ata Álvaro Enríquez, representante de DUACODE o noso patrocinador principal, pasouse pola Estrada para disfrutar do xogo das nosas rapazas.
E así foi, o rival era o Peleteiro, o encontro comezou igualado, pero pouco a pouco as nosas rapazas foron impoñendo a súa superioridade física para rematar levando una cómoda victoria.
OBXECTIVO CUMPRIDO!! A xogar na xornadado domingo as semis.
No medio tocou reponer forzas todos xuntos, os catro membros do corpo técnico xunto cos país, nais e xogadoras do equipo. Tamén tocou ver un pouco a final de champions, pero iso é outra historia, porque un rapaz alto e loiro fixo que a festa non fora completa…
Tan só quedaba descansar, xa que ó día seguinte se xogaba na primeira quenda, a maioría marchamos cara a casa rural, aínda que algún quedou rezagado, non debía de saber ben o camiño…
Outros tiveron que voltar cara Arteixo por diferentes motivos, e voltar na mañá ben cedo.
Ás 7 e pouco soaban os despertadores e todos a almorzar, caras de todo tipo, dende as que non durmiron nin 4 horas ata alguna que semellaba vir do spa… A froita e as tostadas estaban ben boas.
Partido de semis contra Porriño, un conxunto con moita tradición en Galicia e o encontro en si, foi moi igualado pero finalmente as do CB Arteixo Duacode non poideron acceder a final.
No partido polo terceiro e cuarto posto non houbo historia baloncestística, coas nosas malladas despoisde tanto partido a maior forza física das de Burela fixo que no marcador sempre mandaran as da mariña.
Quedábamos finalmente na cuarta posición.
O caso é que a experiencia vivida por todos os membros da expedición arteixán foi inigualable, dende técnicos (impresionante o presi e Larry vindoa carreiras o segundo día despóis de perder a semi de copa co cadete) os afeccionados e por suposto o máis importante, as xogadoras, unhas auténticas campeonas que fixeron una tempada extraordinaria.
Agradecementos por tanto para todos os que fixeronposible que a tempada fora impresionante:
-As xogadoras: Carla, Andrea, Zeltia, Xoana, Marta, Antía, Graciela, Scarlett, Sira, Paula, Uxía e Sabela.EQUIPAZO
-O corpo técnico: Iván, Larry, Fran e Laura (grazaspor estar sempre e noraboa por debutar no banquiño do CB Arteixo Duacode).
-Xogadoras do cadete feminino: Antía, Inés e Miriam por animar sempre as pequnas E APARECER NA ESTRADA!!
-Pais e nais das xogadoras, sensacional comportamento ó longo da tempada, así é máis sinxelo seguir coa formación das rapazas, nótase moito cando animades!!.
O próximo ano máis e mellor (aínda que vai ser difícil…). Bo verán a tod@s!!