Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

DOBRE XORNADA PARA O SENIOR DE TERCEIRA

Sénior Masculino 3ª
21 Maio 2019
DOBRE XORNADA PARA O SENIOR DE TERCEIRA

CB ARTEIXO DUACODE 67 - 56 BASQUET CORUÑA S (14-21, 25-10, 15-12, 13-13)

Victoria importante do senior de terceira coa colaboración de 3 xogadores junior na tarde - noite do mércores.

O encontro comezaba coma tantos outros desta tempada, co conxunto local un tanto despistado na defensa e no ataque, aínda que con bo xogo, desacertados de cara o aro rival. Semellaba que unha vez máis a victoria marcharía do Pazo.

Pero no segundo cuarto as tornas cambiaron de rumbo, e unha defensa moi intensa en tódalas liñas non permitía tiros cómodos os coruñeses, e ademáis as recuperacións de balón facían que os arteixáns poideran realizar rápidos contraataques e anotar con facilidade. Deste xeito o cuarto rematou cun contundente 25 a 10 para os locáis.

A segunda parte voltou a ser moi igualada, iso sí, coas ventaxas para os de Arteixo rondando sempre os 10 puntos. A victoria nunca perigou nesta segunda parte onde a defensa dos de Iván García continuou a ser moi sólida.

 

FUCOBET 85 -44  CB ARTEIXO DUACODE (28-11, 15-12, 26-08, 16-13)

Encontro sen historia o do domingo pola tarde en Betanzos. Xa no primeiro cuarto quedaba visto para sentenza cunha diferenza de 17 puntos. No segundo cuarto os nosos foron quen de competir sendo un pouco máis intensos na defensa. Pero isto só sería un espellismo, porque tras a volta do descanso un novo parcial escandaloso (neste caso 26-8) facía que as diferenzas disparáranse no luminoso. O último cuarto voltou a traer algo de igualdade o xogo pero con todo resolto case que dende o principio.

Por tanto moita superioridade física e técnica dun conxunto betanceiro que non deu opcións os de Arteixo.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.