CB ARTEIXO DUACODE 43 - 63 BRISTOL TIGERS (05-20, 15-10, 06-17, 17-16)
A pesares do resultado, moi bo encontro por parte dos arteixáns contra un dos galos da competición. A mágoa o de case sempre, o desacerto en canastras sinxelas preto do aro.
Así e todo o conxunto de Arteixo foi quen de gañarlle dous cuarto a un auténtico equipazo, amosando que a melloría no xogo e na actitude é inmensa dende o comezo da tempada.
Primeiro cuarto marcado por un acerto moi alto por parte do conxunto coruñés dende a liña de 6,75, que facía que as diferenzas foran importantes xa de inicio, xa que os locáis tardaban 4 minutos en anotar a súa primeira canastra a pesar de que estaban xogando ben movendo o balón con criterio.
No segundo cuarto os locáis amosaron que non estaban no encontro de paso e seguiron a crer nas súas posibilidades chegando a dominar este periodo por 10 puntos de diferenza pero unha tripla final (incrible) por parte dos visitantes baixaba un pouco o ánimo dos do CB Arteixo Duacode.
Tras o descanso voltaron os problemas de anotación e os coruñeses que son un gran conxunto non perdoaron. Voltaron a marchar no marcador ata os 20 puntos.
Unha vez máis todo semallaba preparado para unha nova malleira e que os arteixáns deixaríanse ir no cuarto definitivo. pero nada máis lonxe da realidade, este conxunto xa no é o de principio de tempada, e outra vez a través do bo xogo colectivo foron quen de gañar o cuarto, pero xa sen opcións de remontada.
WANDER COSTA DA MORTE 55 - 71 CB ARTEIXO DUACODE (10-25, 13-13, 14-18, 18-15)
Chegou unha merecida segunda victoria para os arteixáns nun encontro entre dous dos últimos clasificados no grupo A da terceira división.
O encontro comezou espectacular para os visitantes que con unha defensa moi intensa afogaban o ataque dos da Costa da Morte e no ataque, que dicir do ataque!! unha auténtica maravilla, os mellores momentos do que vai de tempada, a o bo xogo que se está a ver últimamente sumouse un acerto moi alto en lanzamentos dende tódolas posicións. Pero o mellor de todo foi o ritmo de xogo, altísimo con participación alta de tóldolos xogadores.
Como ben sabiamos o encontro non quedaba pechado xa que os locáis non ían a renderse con facilidade e o segundo cuarto foi outra historia, co xogo moi igualado e o ritmo xa moi baixo, controlado totalmente polos ceenses.
Tras o descanso tocaba pegar un pequeno empurrón para rematar coas ilusións dos locáis, e por unha banda así foi, pero unha defensa zonal proposta polo adestrador local voltou a baixar o ritmo de xogo cara o final do terceiro periodo, a aínda que se xogaba con certo criterio, o acerto xa non era moi alto. Con 6 minutos por xogar do último cuarto as diferenzas baixaron ata os 10 puntos pero nun novo arreón os do CB Arteixo Duacode puxeron as cousas no seu sitio e terminaron levando unha victoria cómoda.
Deste xeito demóstrase unha vez máis que cando se ten confianza e se traballa con ilusión os resultados terminan por chegar.