Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

DOBLE XORNADA PARA O SENIOR DE TERCEIRA

Sénior Masculino 3ª
21 Xaneiro 2019
DOBLE XORNADA PARA O SENIOR DE TERCEIRA

Tiñan os senior 3 unha fin de semán moi axetreada con dous partidos, un aprazado na semana anterior contra o Laracha M3 e outro o correspondente a xornada contra Maristas. A sorte non acompañou os nosos en ningún dos dous encontros aínda que foro ben diferentes.

 

CB Arteixo Duacode 36 - 83 CB Laracha M3 (10-19, 08-18, 09-24, 09-22)

Encontro sen historia o do venres no Pazo dos deportes de Arteixo entre dous conxuntos moi separados na clasificación. Os laracheses impuxeron dende o principio a súa superioridade física e técnica ante un conxunto arteixán que pouco pudo facer a pesar do esforzo realizado case que durante todo o encontro. Si ben ata o descanso había certa sensación de que había partido, polo menos certa competencia, tras o descanso o ritmo anotador dos visitantes foi imposible de seguir por parte dos de Arteixo, que pouco a pouco deixaron de xogar e comezaron a facer a guerra pola súa conta, para terminar apañando unha derrota moi contundente.

 

CB Arteixo Duacode 56 - 67 Maristas Coruña (19-17, 16-17, 10-17, 11-16)

 

Moi diferente foi o encontro do domingo pola mañá onde os arteixáns fixeron un bo partido, sobre todo na primeira parte.

Comezaba o xogo cun conxunto local moi acertado de cara o aro, na defensa algún que outro despiste era ben penalizado polo conxunto colexial. O segundo cuarto foi descorrendo polos mesmos derroteiros, con bastante acerto de cara o aro por parte dos dous equipos. Unha mágoa que nesta primeira parte non aparecera unha das armas dos locáis, a defensa, para poder coller unha pequena renda para cando viñeran os malos momentos que estarían por vir.

E así foi, na segunda parte os tiros liberados da primeira parte xa non caían dentro, mentres que na defensa os problemas para deter o xogo interior dos coruñeses eran cada vez máis grandes.

Pouco a pouco o desacerto no tiro foi mermando as opcións de victoria dos arteixáns que en ningún caso dixaron de pelexar e amosaron un pouco o que pode chegar a ser este equipo no último tramo da tempada.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.