ARTAI 34 - CB ARTEIXO DUACODE 47 (4-21, 06-10, 14-10, 10-16)
Si, igual é un pouco poético de máis pero así foi o primeiro encontro das arteixáns na liga. Un inicio sinxelamente espectacular (nin os máis optimistas o agardaban) anotando no primeiro cuarto 21 puntos e defendendo de maneira sensacional.
No segundo cuarto baixaron un chisco as prestacións tanto ofensivas coma defensivas pero as sensacións seguían a ser boas.
Tras o descanso sen embargo chegou a noite, pero noite total, de esas nas que case non se ve nada...
Moitísima desconcentración foi o que nos amosou o conxunto arteixán, que se viu superado en moitas fases da segunda parte polas de Carballo, que melloraron moito con respeto á primeira metade e lle meteron un punto máis de intensidade o xogo. A ratos as visitantes trataron de voltar o encontro pero cando ti marchas mentalmente do encontro e moi complicado voltar a él.
En calquer caso hai que sacar as conclusións positivas e o inicio do encontro é o nivel que pode dar este conxunto, hai que tratar de alargar ó máximo eses minutos de bo xogo, e aprender dunha segunda parte moi frouxa e tratar de non repetila.