Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Meco-Rafonca Portas e Automatismos · 16/02/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Maristas Coruña · 17/02/2019 17:00 Pavillón Ponte dos Bozos - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - KFC Kulle · 16/02/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Top Quality Cars Cambre 03 - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 16/02/2019 16:00 Pavillón Sofía Toro - Cambre || Infantil: Compañía de María B - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Compañía de María - A Coruña || Infantil: Calasancias A - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 17/02/2019 12:00 Colexio Calasancias - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Feminino - Compañía de María B · 16/02/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Jesuitinas C - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 16/02/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo

DESFEITA NA PRIMEIRA METADE

Alevín Masculino
27 Novembro 2018
DESFEITA NA PRIMEIRA METADE

CB ARTEIXO DUACODE 51 - 77 STO. DOMINGO BETANZOS MX.

Domingo 25 de novembro de 2018, 12.30h, Agra II - A Coruña

Cura de humildade para o CB Arteixo Duacode Alevín Masculino, que xa non pode permitirse máis tropezos se pretende clasificarse para a seguinte fase.

CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Álex Rama, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Víctor de Oliveira -5 inicial- Jacobo Doel, Hugo Núñez, Yago Prados, Óscar Mañana, Carlos Senra, David Eirís (adestrador)

Parciais: 12-16, 12-41, 22-59 (descanso), 28-64, 39-67, 51-77 (final)

Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente


Se ben o partido comezaba igualado, ós arteixáns non daban a sensación de estar moi metidos no encontro. De feito, no segundo periodo non entraba a pista o quinteto asignado. De seguido, a permisividade arbitral descentraba cada vez mais ós locais. Perdendo tempo en protestas e lamentacións no canto de coordinarse cos compañeiros os nosos tocaban fondo, xa que a desconcentración provocaba moitas dificultades na saída de balón e cando non era así o balance defensivo chegaba sempre tarde para encaixar un contundente parcial de 25-0. Unha dinámica que manteríase no terceiro periodo, coa defensa facendo augas e soamente mitigada polo feito de acadar algunhas canastras (22-59 descanso).

Co partido finiquitado ó descanso, os arteixáns comezarían a xogar esquecéndose do marcador. Amosando unha implicación defensiva moito máis acorde á necesaria, os nosos concedían soamente 8 puntos en dous periodos, mentres que na ofensiva comezaban a tomarlle a medida a un encontro con moito contacto. Así, os nosos reducirían pouco a pouco diferenzas ata o 51-77 final, e coa oportunidade de aprender á lección xusto a tempo para reaccionar.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.