CB ARTEIXO DUACODE 60 - 59 TOP QUALITY CARS CAMBRE C (11-10, 15-14, 12-22, 22-13)
Presentábase o conxunto cambrés con tan so 5 xogadores, un deles lesionado. Como anécdota destacar que o encontro retrasouse 10 minutos porque do equipo visitante so había 4 xogadores en pista e o encontro comezou cun tiro libre para os locáis.
Con este panorama os locáis tiñan todo de cara para facer un bo partido, pero non foi así. É verdade que os 5 que viñeron de Cambre son bos xogadores, algún incluso moi bo, pero nas condicións que estaban as cousas tiñan que ter sido de outra maneira.
Pero non foi así, despistes continuos na defensa, pouco ritmo de xogo en moitos momentos e un desacerto dende a liña de 3 puntos tremendo contra unha defensa zonal (que non defendía) facían que o encontro fora sempre moi igualado.
Tras o descanso a cousa foi a peor, xa que os despistes que eran puntuais na defensa pasaron a ser a norma, encaixando neste cuarto nada máis e nada menos que 22 puntos!! e os visitantes con opcións de marchar no marcador.
Por sorte as forzas dos de Cambre foron moito a menos no último cuarto e os arteixáns, agora si, sacaron un pouco de carácter para facer un parcial de 22-13 que lles deu unha victoria inmerecida polo feito por uns e outros sobre a cancha do Pazo dos Deportes.
A melloría ten que ser grande ante a visita a o Laracha M3, se non o equipo de Arteixo vaino pasar mal...
XOGARON POLOS ARTEIXÁNS: VICTOR, DANI FRAGA, DANI ALONSO, PABLO, JACOBO, ADRIÁN LEMA, NICO, DIEGO, FRAN E HUGO.