Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

DERROTA QUE NON DEIXOU MAL SABOR DE BOCA

Cadete Masculino 2ª
23 Maio 2019
DERROTA QUE NON DEIXOU MAL SABOR DE BOCA

CB ARTEIXO DUACODE 35 - 54 MONTROVE ORIGEN GALICIA

10-13, 6-20, 7-9, 12-12

Non foi un mal partido por parte dos nosos xogadores. Moi serios no principio do cuarto, xogando con intensidade e competindo contra un moi bon equipo. Practicamente non hai diferencias no marcador e o xogo mantense igualado.

Pero no segundo período, volta a pasarnos o de case sempre. Despistes e perdas tontas danlle canastras moi doadas aos visitantes que acadan unha distancia case insalvable ao descanso (16-33).

Na segunda parte, volvemos a competir. Traballamos como case nunca na defensa e non permitimos que os de Montrove segan a aumentar a vantaxe no marcador nin no xogo. Así como en outros partidos deixámonos ir, no partido de hoxe fumos quen de competir atra o final a pesares de que a distancia non baixaba.

En fin, bon partido que amosa que, aínda que un pouco tarde polo momento da tempada no que xa estamos, vaise acadando unha mellora no xogo do equipo.

Xogaron Anás, Ronny, Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Miguel, Gabriel, Abel e Ángel. Non puideron xogar Samuel, Andrés e Pedro.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.