CB ARTEIXO DUACODE 66 - 24 C.I.EIRÍS
Sábado 15 de decembro de 2018, 17.45h, Agra II - A Coruña
CB Arteixo Duacode: Álex Rama, Hugo Núñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Brais Queijas, Jacobo Doel, Adrián Santos, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciais: 14-3, 29-3, 35-14 (descanso), 47-22, 53-24, 66-24 (final)
Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente
O encontro comezaba adormecido e sen ritmo. Pouco a pouco os locais aumentaban a súa concentración defensiva e chegaban as primeiras canastras e diferenzas. Sen embargo, a medida que aumentaba a intensidade defensiva aumentaba a dureza dos contactos. A efectividade da defensa arteixán alargábase ata o terceiro periodo, intres nos que o conxunto visitante castigaba certos problemas na saída de balón e aproveitaba os seus centímetros cerca do aro (35-14 descanso).
Na segunda metade o partido tornábase aínda máis brusco e feo. Os dous conxuntos intercambiaban canastras e contactos. Os colexiados comezaban a tomar cartas no asunto, pero tarde. Como apuntamento positivo para os arteixáns, éstes continuarían mellorando a súa lectura de xogo ata o remate do choque (66-24 final).
Resúltame imposible pechar estas liñas sen manifestar o meu pesar e preocupación polo rumbo que está a tomar o meu amado baloncesto, onde na actualidade o contacto está a tomar o protagonismo en detrimento do balón. Un contacto en moitas ocasións antideportivo e unha tendencia que non soamente limita considerablemente a fermosura e posibilidades das individualidades técnicas e combinacións colectivas senon que pon en risco a integridade dos nenos.