CB ARTEIXO DUACODE 57-68 BASQUET CORUÑA U18
7-10, 18-8, 18-26, 14-24
Mal comezo de partido. Moi pouca intensidade diante da forza que os rivais poñen na pista. Os nosos non están cómodos diante da intensidade defensiva dos coruñeses e o rebote empeza aser preocupante. Só anotamos unha canastra neste cuarto e imos a remolque, aínda que as distancias non son moi altas.
No segundo cuarto xa empeza a cambiar a situación do partido. Anotamos con fluidez desde o exterior (cinco triplas neste cuarto) e os visitantes son agora os que non anotan con facildade.
Na segunda parte, volvemos a empezar durmidos. Un parcial de 2-11 pon aos de Mariñas por diante no marcador... e xa non deixarían de estar por diante en todo o partido. Baseados nunha defensa moi forte e un gran acerto de cara ao aro (50 puntos anotados na segunda parte) van aumentando a diferencia ata o final do partido.
Se non somos capaces de igualar a intensidade dos rivais, nada teremos que facer nesta liga que xa vemos como se xoga, moita intensidade e forza en todas as accións e defensas moi duras e rápidas.
Xogaron Samuel Martín, Iago, Zeus, Gonzalo, Simón, Enzo, Adrián, Ángel e Jordi, e non puido xogar Samuel Barral por lesión.