SANTO DOMINGO BETANZOS 62 - 34 CB ARTEIXO DUACODE
25-10, 14-12, 11-9, 12-3
Mal partido en liñas xerais. Pouca movilidade sen balón, moitas perdas e pouco acerto cara ao aro rival e moi frouxos na defensa.
Xa no primeiro cuarto se ve que estamos pouco concentrados. Perdas tontas de balón e estamos moi parados no ataque. A defensa tampouco axuda e o rebote e ritmo son totalmente para os betanceiros. 25-10 que xa marcan o partido.
Melloramos no segundo cuarto. Paramos a anotación local, pero o noso ataque segue a ser "espeso" e non somos quen de rebaixar a desvantaxe.
O terceiro cuarto é moi parecido ao segundo. Pero os locais seguen a dominar o "tempo" do partido e xogan ao ritmo que queren coa tranquilidade que lles da a vantaxe no marcador.
Chegamos ao último período moi cansos e baixamos os brazos. Permitimos que os xogadores locais xoguen a pracer e teñan moitas ocasións para anotar debaixo do aro e despois de perdas de balón.
A nota positiva foi que Enzo xa estivo con nos no partido para facer a rolda de quecemento e empezará a incorporarse pouco a pouco ao xogo.
Xogaron: Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón, Enzo e Samuel.