Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

DERROTA NOS ÚLTIMOS INSTANTES DO PARTIDO

Cadete Masculino 2ª
15 Novembro 2018
DERROTA NOS ÚLTIMOS INSTANTES DO PARTIDO

MARISTAS CHAMPAGNAT 50-47 CB ARTEIXO DUACODE

17-25, 9-11, 12-5, 12-6

Derrota dolorosa por como se produciu, cunha tripla a falta de 9 segundos para o remate do partido.

Empezamos moi ben, movimento dos xogadores, bos 1x1 e rebotes en ataque que nos daban puntos. Na defensa non defendemos ben as situacións de 1x1 e os locais aproveitan para anotar dobrando balóns ao triple.

No segundo cuarto empezamos a baixar o rendimento ofensivo debido á pouca movilidade dos nosos xogadores e a que os colexiais aumentan apresión sobre o balón. Aínda así, gañamos o cuarto e chegamos con 10 puntos de vantaxe ao descanso.

Pero, como en partidos anteriores, o equipo parouse. Xa non nos movemos no ataque propiciando moitas perdas e canastras doadas que, varias veces, levan tiros libres adicionais por faltas "tontas" debaixo do aro. Consecuencia, os locais van recortando a desvantaxe e, o peor, van subindo o ánimo para afrontar o resto do partido.

Así entramos no último cuarto con 3 puntos arriba no marcador. que se van mantendo a duras penas debido a que seguimos "parados" e perdendo balóns. Ata chegar á xa comentada canastra tripla a falta de 9 segundos para o remate que lle da a victoria aos locais.

En resumo, moi boa primeira parte (sobre todo o primeiro cuarto) e moi mala á segunda con erros que non debemos cometer se queremos mellorar.

Xogaron: Samuel, Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Miguel, Pedro, Abel e Ángel.

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.